O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados interveu durante a noite deste venres 14 de novembro nun accidente de tráfico na estrada VG-4.3, ao seu paso por Corbillón, Cambados. O condutor, B.C.P., de 26 anos, resultou ileso tras saírse da vía cando circulaba baixo a choiva provocada pola borrasca que afecta estes días ás Rías Baixas. O turismo impactaba contra o noiro da cuneta para finalizar envorcando. No operativo colaboraron a Garda Civil de Cambados, a División de Tráfico da Garda Civil e unha ambulancia do 061. As causas do sinistro están a ser investigadas. O turismo envorcado en CambadosServizo de Emerxencias