O fogo de Chandrexa, o segundo máis grande da historia en Galicia, iniciouse en Requeixo, unha das parroquias de alta actividade incendiaria, onde o Goberno galego intensifica a "vixilancia e disuasión" e aplica "medidas extraordinarias" de prevención e protección. A Granxa, onde prendeu o lume de Oímbra, tamén está incluída nesta listaxe, ao igual que outros seis núcleos que sufriron as lapas este ano.