Dani Selma e Marqués dan ao triunfo ao Pontevedra en Villalonga no seu segundo amigable en dous días

Wait 5 sec.

O Pontevedra Club de Fútbol segue o seu camiño na pretempada gañando sensacións de cara ao comezo da competición. Con poco máis de 24 horas de descanso tras a súa vitoria contra o Arenteiro, os granates visitaban este sábado o Villalonga no Municipal de San Pedro no seu sexto encontro de preparación estival. Avanzaba Rubén Domínguez o venres que terían minutos os xogadores novos e procedentes da canteira así como futbolistas recentemente chegados e saídos de lesión. Así foi, aínda que no once inicial repetían varios nomes con respecto ao duelo en Pasarón contra o Arenteiro. Edu Sousa volvía ocupar a portaría ante a ausencia de Marqueta, e tamén facían dobrete Juanra, Conesa e Brais Abelenda, acompañados por Eimil, Vidorreta, Montoro, Miguel Cuesta, Raúl Gil, Andrés e Dani Selma. Once inicial do Pontevedra no amigable fronte ao VillalongaPontevedra CF SAD Foi precisamente este último, Dani Selma, o autor do único gol do primeiro acto, ao fío do descanso, á saída dun córner. Tras o paso por vestiarios o técnico deu paso aos xóvenes, e Marqués foi o encargado de facer o definitivo 0-2, xa no minuto 75 de xogo. Tras este compromiso o Pontevedra encara xa a fase final da súa pretempada con dous últimos amigables no horizonte, o mércores 20 contra o Coruxo no Vao e o sábado 23 fronte ao Boiro no campo de Barraña, ambos os dous ás 19.00 horas. Dani Selma celebra o seu gol no amigable contra o VillalongaPontevedra CF SAD