As Festas da Peregrina clausúranse a ritmo de muiñeira

Wait 5 sec.

A clausura das Festas da Peregrina foi a ritmo de muiñeira. Este luns, a praza da Ferrería transformouse no maior espazo de baile tradicional galego, grazas á iniciativa "Aquí bailase", un proxecto impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Cultural Trépia. Estaban convocados "todos os bailadores e bailadoras deste país", e tamén a aqueles que aínda non o somos. A proposta converteu a emblemática praza pontevedresa no "maior torreiro de toda Galicia" para unha celebración colectiva dos bailes tradicionais galegos. A xornada comezou ás 19:00 horas cun obradoiro na propia praza da Ferrería, onde se ensinaron os pasos básicos para que calquera poidese sumarse á festa. A continuación, ás 21:00 horas, foi a propia Asociación Cultural Trépia quen amenizou a velada coas súas pandeireteiras e gaiteiros. Durante toda a festa fomentouse a participación do público en xotas, muiñeiras e bailes agarrados como o vals. O obxectivo final, segundo destacaron os organizadores, foi que o maior número posible de persoas coñeza os movementos fundamentais dos bailes tradicionais galegos para poñer en valor este patrimonio inmaterial. [galleries:vertical:10689]