Vilagarcia desborda diversión coa Festa da Auga

Wait 5 sec.

Está recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional, e non é por casualidade. Vilagarcía de Arousa viviu este sábado 16 de agosto unha das xornadas máis esperadas do ano, coa sempre divertida Festa da Auga. Milleiros de persoas participaron nos festexos, xa desde a xornada previa. Coa calor ademais que atravesa desde hai semanas as Rías Baixas, poucos plans mellores que pasarse pola 'zona húmida' para recibir cubazos de auga ou chorros de pistolas cargadas de líquido elemento. Como cada ano, a Festa da Auga arrincou oficialmente ás 11.45 horas da mañá co traslado da imaxe de San Roque até a capela. Unha procesión no medio dunha 'tregua' que finalizou co pregón do músico Xisco Feijóo, que deu o pistoletazo de saída ás hostilidades líquidas. Festa da Auga 2025 en VilagarcíaEFE - Xurxo Martínez Tras o seu discurso chegou a diversión plena e o bo humor, confirmando á Festa da Auga como unha das preferidas un ano máis tanto polos veciños de Vilagarcía como polos moitos visitantes que se achegan a vivila en primeira persoa. UNHA NOITE PREVIA "SORPRENDENTEMENTE TRANQUILA" Antes de desborse a alegría a base de chorros de auga, o Concello de Vilagarcía avanzou que se viviu unha noite "sorprendentemente tranquila" a xuízo dos responsables da Policía Local e o Servizo de Emerxencias tendo en conta a multitude de xente que abarrotou as rúas e espazos como a praia ou a zona de lecer do porto. Neste sentido o Servizo de Emerxencias realizou 27 atencións presenciais, a maior parte por intoxicacións etílicas, feridas por cortes con cristais ou lesións por caidas. Até as 9:30 horas da mañá, foron necesarios sete traslados ao hospital ou a urxencias do centro de saúde por etos motivos. Ademais o Punto Lila posto en marcha pola área de Igualdade non tivo que atender ningunha denuncia por abuso ou agresión sexual durante a noite. En canto á Policía Local, tivo que acudir a un aviso por ruídos tras recibir varias chamadas, e interveu nunha ameaza cunha barra de ferro e ás 4.00 horas da madrugada nunha pelexa. "O balance é positivo tendo en conta o volume de persoas que gozaron da noite, a inmensa maioría sen ningún tipo de problema", explicou o Concello.