Marín, asaltada por piratas nunha Festa Corsaria máis grande que nunca

Wait 5 sec.

Co paso dos anos a Festa Corsaria gañou un oco no corazón de todos os marinenses. Así o volveu a demostrar este sábado no día grande da Festa Corsaria 2025, unha celebración máis grande que nunca e con actividades polos catro custados. Como cada ano Marín regresaba por unhas horas aos séculos XVIII e principios do XIX para remomorar as xestas de Juan Gago de Mendoza. As actividades e programación arrincou xa o venres, pero esra para o sábado para cando estaban reservados os principais puntos de atención. Todo nunha edición de marca en cando ás comidas solicitadas na rúa, con até 60 peticións. A xornada en todo caso arrincou antes, ao redor das 11.00 horas, cos pregoeiros e fanfarrias do século XVIII, o Mercado Corsario, as atraccións infantís e a apertura das bases mariñas: Barco Corsario Gago de Mendoza (Jaime Janer, fronte a Abanca) e Barco Inglés (Ezequiel Massoni, xunto ao Parque Eguren). Esas bases foron uns dos principais focos de atención e de diversión sobre todo para os máis pequenos, sobre todo polo galeón do século XVIII que era unha das novidades este ano. Unha demostración de oficios, animación na rúa, xogos tradicionais e actuacións completaban unha programación que non deixaba descanso até ben entrada a madrugada. [galleries:vertical:10681]