Empeza a liga de Primeira División e por quinto ano consecutivo farao cun árbitro pontevedrés nas súas filas: Alejandro Muñiz Ruiz. O representante do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra foi designado xa para dirixir esta campaña o seu primeiro encontro de liga, na xornada inaugural do campionato. Muñiz será o encargado de impartir xustiza este venres 15 de agosto no partido entre Villarreal e Real Oviedo (21.30 horas). Está acompañado por Diego Sánchez e Fabián Blanco como asistentes, Rubén Ruipérez como cuarto árbitro e Carlos Del Cerro como responsable do VAR. 𝗗𝗘𝗦𝗜𝗚𝗡𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟭 | VIERNES 🟨🟥 Estos son los árbitros para los partidos del viernes 15 de agosto en Primera División. 👥 Designación completa: https://t.co/PBqW1R1Xpj#ArbitrajeRFEF | @CTARFEF pic.twitter.com/EkkHoLmsE9 — RFEF (@rfef) August 14, 2025 Será o partido número 77 do pontevedrés na máxima categoría nacional, ao que se engaden 16 arbitrados na Copa do Rei e 1 máis de Supercopa de España. Con todo este duelo non é a súa estrea esta tempada, e é que na súa faceta como árbitro de categoría internacional, Alejandro Muñiz dirixiu este verán dous encontros da fase de clasificación da Liga de Campións. En concreto foi o árbitro do KuPS-Kairat celebrado en Finlandia e do Servette-Viktoria Plzeň disputado en Suíza. O máximo representa da arbitraxe pontevedresa e galego ostenta a categoría de colexiado internacional FIFA desde finais de 2023.