O paridoiro de Verín que a mobilización librou do peche asume agora partos de embarazadas de Ourense

Wait 5 sec.

A incerteza ante as condicións do inminente traslado da área pediátrica e obstétrica do Materno Infantil a outro edificio do CHUO provoca que mulleres residentes na capital provincial opten por dar a luz no hospital comarcal, cuxa sala de partos foi pechada hai cinco anos pola Xunta, que a reabriu meses despois tras a forte presión cidadá.