O novo proxecto do Arosa bota a andar con ambición

Wait 5 sec.

O novo proxecto deportivo do Arosa SC está por fin en marcha. Despois da profunda renovación vivida este verán, coa chegada de Gonza Fernández ao banco da Lomba, o club arlequinado fai borrón e conta nova e volve mirar ao seu futuro con ambición. O Campo de Fútbol Manuel Jiménez foi escenario este luns do inicio oficial da pretempada, co seu primeiro adestramento. Por diante, mes e medio de preparación até a estrea ligueira prevista para o 7 de setembro, data na que o Arosa recibirá o Silva na Lomba. Pendentes da participación do equipo na Copa Federación, cuxa traxectoria pode variar os compromisos amistoso previstos, Gonza deseñou pretempada con oito encontros. O primeiro deles non chegará até o mércores 6 de agosto ante o Puebla CF (campo de fútbol de Zacande). Despois chegará a Copa Federación cun Arosa-Alondras en Vilagarcía o sábado 9 de agosto. Seguiranlle por esta orde: - 15 de agosto: Arosa SC - Bergantiños FC. Trofeo San Roque. Estadio Municipal A Lomba - 17 de agosto: Arosa SC vs RC Deportivo Fabril. Estadio Municipal A Lomba - 20 de agosto: Portonovo SD vs Arosa SC. Campo de Fútbol Municipal de Baltar - 23 de agosto: Arosa SC vs Coruxo FC. Estadio Municipal A Lomba - 27 de agosto: Cidade de Ribeira CF vs Arosa SC. A Fieiteira - 30 de agosto: Arosa SC vs CD Lugo B. Estadio Municipal A Lomba