Coas Festas da Peregrina á volta da esquina, a asociación Amigos de Pontevedra deu a coñecer este sábado ás sete novas personas ou entidades que recibirán este recoñecemento. Todos eles, como é habitual, destacaron a través do tempo polo seu saber, pola súa popularidade ou pola súa contribución, persoal ou colectiva, ao bo nome da cidade de Pontevedra. Nesta ocasión, entre os galardonados na edición número 53 destes premios, estará a xornalista Julia Varela, comentarista do festival de Eurovisión desde hai unha década e unha das profesionais máis recoñecidas de RTVE. Tamén recibirá este recoñecemento o enxeñeiro de son Caco Refojo, que conta con cinco Grammy latinos; ou o actor Manuel Regueiro, coñecido polo gran público por series como Acacias 38, El secreto de Puente Viejo e, actualmente, La promesa. A eles sumaranse Enrique Lores Escudero, o responsable do salón de peitados París, na rúa Riestra; ou a Funeraria San Marcos, dirixida por Juan Perdiz, especializada en prestar servicios integrais ás familias e que inició os seus servizos en 1917. A cafetería Blanco y Negro, unha das cafetarías máis lonxevas e emblemáticas da cidade, e o equipo feminino de Dragon Boat do Club de Piragüismo Verducido, completarán os sete novos homenaxeados que presumirán de ter o premio Amigos de Pontevedra. A cea na que se imporán os galardóns os premiados terá lugar, como nestes últimos anos, na finca Batacos, o venres 8 de agosto as 21:00 horas, e unha vez mais será servida polo restaurante Mochi. As tarxetas para acompañar aos galardoados na cea homenaxe pódense recoller, antes do 5 de agosto na Cafetería Blanco y Negro, nas Palmeiras; ou en La Gramola, na praza de Mendez Nuñez. Este ano incorpórase como mantedor do acto de entrega das distincións de Amigos de Pontevedra o escritor pontevedrés Manel Loureiro, que toma o relevo do xornalista Xavier Fortes, o seu responsable nos últimos sete anos. "Espero estar á altura do excelente nivel que deixou o meu predecesor e pola importancia que estes premios teñen", subliñou Loreiro durante a presentación dos novos galardoados.