A atleta pontecaldelana Aixa Corbacho volveu a facer historia tras proclamarse campioa de España sub20 no lanzamento de martelo no municipio de Villafranca de los Barros (Badaxoz). Corbacho asinou unha marca de 60,82 metros, coa que estableceu unha nova marca galega e alcanzou a cuarta mellor marca española de todos os tempos nesta categoría. A súa sobresaliente actuación supón o broche de ouro á súa etapa en España, despois de pasar por clubs como o Atletismo Rías Baixas e a Valencia Atletismo. Agora, a moza lanzadora afronta o reto internacional de pór rumbo a Estados Unidos. Alí compaxinarça os seus estudos universitarios coa progresión na súa carreira deportiva, en busca de novos éxitos e experiencias.