A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a cinco anos de cárcere a un home que, cando tiña 31 anos, mantivo encontro sexuais cunha menor con discapacidade. Os feitos ocurrierone no ano 2022, cando a nena tiña 12 anos e o acusado cumprira 31. A menor ten recoñecido un grao de discapacidade do 43% debido a un trastorno de aprendizaxe en relación con discapacidade intelectual leve e trastorno por déficit de atención e hiperactividade. Esa situación deriva en "certa inmadurez emocional e dificultades para comprensión e explicación de conceptos". O condenado era veciño da avoa manterna da menor e realizaba diversos traballos agrarios para a familia da nena, de modo que era frecuente que estivese na súa vivenda ou nas súas proximidades. En ocasións mesmo se ocupaba de recoller á vítima e á súa irmá menor á chegada do autobús ou atendíaa en determinados momentos. No mes de xaneiro de 2022 empezou unha relación entre ambos, a pesar de que o acusado "coñecía" a situación da menor e a súa "pouca comprensión sobre a relevancia dos actos que realizaban". Segundo recolle a sentenza, a menor interpretou que era "unha relación de noivos". Tiñan momentos de intimidade, sobre todo, nas cortes da casa da avoa da menor, nos que se produciron "diversos encontros con contido sexual", con bicos e tocamentos. Nalgunha ocasión, ademais, a menor entregoulle ao acusado algunha contía de diñeiro. Segundo a sección cuarta da Audiencia, o acusado é autor dun delito contra a indemnidade sexual en relación cunha menor de 16 anos que se atopaba en situación de vulnerabilidade. Ademais de cinco anos de prisión, condénao a cinco anos de liberdade vixiada, dez anos de inhabilitación para calquera profesión, oficio ou actividade que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade e a prohibición, durante sete anos, de aproximarse e de comunicarse coa vítima, á que deberá indemnizar con 3.000 euros. A Sala indica que "non se pode afirmar que resultase acreditado máis aló de toda dúbida a existencia dun comportamento ameazante ou coactivo por parte do acusado como determinante do comportamento da menor". A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.