O Concello compra unha parcela en Portonovo por 300.000 euros para destinala a aparcadoiro público

Wait 5 sec.

O Concello de Sanxenxo asinou esta semana, a través da empresa pública Nauta Sanxenxo, a compra dunha parcela no centro de Portonovo por 300.000 euros, a escasos metros do campo de San Roque, para construír un aparcadoiro público en rotación similar ao situado no porto deportivo de Sanxenxo. O alcalde, Telmo Martín, acompañado de concelleiros do goberno visitaron este venres o espazo que quedará como aparcadoiro gratuíto, só para residentes, con aproximadamente 20 prazas, mentres non se inicie a obra. "Atendemos a unha demanda veciñal nunha zona na que pola antigüidade dás casas, moitas non teñen aparcamento", explicou o alcalde. A partir de primeira hora desta tarde, todos os residentes en Portonovo, é dicir, empadroados no municipio e co vehículo con domicilio en Sanxenxo poderán aparcar nesta parcela. O alcalde explicou que se trata dunha medida coa que se busca beneficiar aos veciños que residen todo o ano no municipio. A parcela, de case 500 metros, albergará o edificio do primeiro parking público en altura de Portonovo no que están previstas 60 prazas en rotación distribuídas en tres plantas. "Témolo previsto inicialmente en rotación, pero estamos abertos a falar cos veciños por se prefiren en concesión cando sexa o momento", dixo Telmo Martín. Xunto a este novo parking, este ano estará dispoñible no varadero as 83 prazas de aparcadoiro habilitadas durante o verán durante os días da Festa de San Roque. O Concello decidiu trasladar as atraccións á Avenida Rafael Picó co obxectivo de reducir o mínimo posible as prazas de estacionamento no centro da vila. Ademais, a zona azul gratuíta implantada no Espiñeiro e en Rafael Picó, permiten unha rotación de vehículos cunha hora e media de estancia, entre as 9 e as 21 horas.