Exponse a unha multa de 600 euros por deixar o lixo na rúa mentres estaba nunha terraza

Wait 5 sec.

A Policía Local de Sanxenxo denunciou a un veciño de Ourense por depositar unha bolsa de lixo á beira dun farol na Rúa Unión. Este comportamento podería carrexar unha sanción de até 600 euros, segundo o Regulamento de Protección do Medio Ambiente, de Limpeza Pública e de Recollida de Lixo. O artigo 39, considera unha infracción moi grave "a vertedura de lixo e restos en lugares non autorizados". Os feitos sucederon o pasado 18 de xullo, en torno o tres da tarde, cando grazas á colaboración veciñal, púidose identificar a un mozo que deixara unha bolsa de lixo na vía pública e foise a tomar algo a unha terraza próxima ao lugar. Un comportamento incívico que, desde hai semanas, a Policía Local está a vixiar en distintos puntos do municipio coa colaboración da concesionaria do servizo. A Policía Local entrevistou ao mozo que, desde un primeiro momento recoñeceu os feitos, e ao que ordenou regresar ao lugar para recoller a bolsa e arroxala nun colector próximo, acatándoa de forma inmediata. Cabe lembrar, que o municipio conta con 651 illas de residuos e máis de 2.000 colectores repartidos polas sete parroquias. No caso de residuos especiais ou voluminosos, o Concello dispón dun Punto Limpo. Todos os veciños con domicilio no municipio de Sanxenxo, que faciliten os seus datos na recepción, poderán utilizalo gratis. O horario é de martes a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os sábados de 10.00 a 13.30 horas.