O piragüismo, un remedio contra a calor na Lama

Wait 5 sec.

Alta participación na xornada de piragüismo celebrada no río Verdugo. A actividade, organizada polo Concello da Lama a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), contou coa coordinación técnica do Club de Piragüismo Vilaboa. Segundo informa o goberno local, nela participaron preto de 180 persoas previa inscrición. Foi unha boa opción para combater as altas temperaturas. Os participantes repartíronse en seis quendas a partir das 17.00 horas desde a praia fluvial. Xornada de piragüismo no río VerdugoConcello da Lama Era obrigado portar chaleco salvavidas. Tratábase dunha actividade incluída dentro da oferta do Verán Cultural da Lama. Estiveron presentes o alcalde da Lama, David Carrera, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado, que se animou a subir á piragua.