Sanxenxo vive unha xornada dedicada a Portugal cun mercadillo e unha gala musical

Wait 5 sec.

Sanxenxo vive este mércores unha xornada dedicada a Portugal. O día comezou coa apertura do mercadillo de produtos portugueses e galegos no Paseo dos Barcos. A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, acompañada da edil de Educación, Nati Parada, así como dos cantantes Zé Amaro, Lucía Pérez e Dani Dopazo realizaron un percorrido por cada posto. Os integrantes da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón realizaron uns pasacalles que incluíu unha actuación na Praza Pascual Veiga. O mercadillo conta cun total de trece postos, 7 lusos e 6 locais, permanecerán durante toda a xornada no espazo con distintos artigos, desde doces, viño, xabóns ou bixutaría, entre outros. Torres lembrou que se trata do segundo ano desta iniciativa denominada "Portugal no Camiño", un "proxecto que nace do cariño e dos vínculos culturais de Sanxenxo con Portugal". "Durante todo o ano, miles de portugueses visitan o noso municipio e nós queremos afondar neste vínculo especial coa celebración desta xornada e desmotrarlle o noso agradecemento por escollernos como destino vacacional", asegurou. Sanxenxo vive unha xornada dedicada a Portugal A concelleira de Cultura e Eventos convidou a veciños e visitantes a gozar dunha gala musical gratuíta que se celebrará este mércores a partir das 22 horas na Praza do Mar que contará con artistas como o cantante de música country, Zé Amaro, La Oca Band, Lucía Pérez, Pili Pampín, Pepo Suevos e os grupos folclóricos Os Frujeiras de Portugal e Soalleira de Dorrón. "E imos ter unhas pouquiñas máis sorpresas", engadía Torres. Pola súa banda, Zé Amaro e Lucía Pérez tamén quixeron mostrar o seu agradecemento coa iniciativa que busca estreitar lazos coa cultura portuguesa. "Tiña que ser Sanxenxo o lugar de encontro entre españois, portugueses e galegos. A música é un vehículo maravilloso transmitir a nosa cultura e nosa esencia", dixo.