Rescatan dúas persoas accidentadas na Ruta dos Muíños de Samieira

Wait 5 sec.

Dúas persoas foron rescatadas na tarde deste luns polos servizos de emerxencia tras sufrir un accidente cando camiñaban pola Ruta dos Muíños de Samieira, en Poio. As vítimas, un home de 71 anos e veciño de Samieira e outro home de 65, natural de Sanxenxo, caeron por un terraplén de difícil acceso, quedando paralizados e atrapados. A maior dificultade para os membros do operativo de rescate foi localizar estas dúas persoas, xa que chegar á zona era moi complicado e os accidentados non podían moverse. Unha vez que os atoparon, a un deles houbo que trasladalo a man durante un tramo e logo nun vehículo ata unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O outro saíu andando con axuda dos efectivos de rescate. Rescate de dúas persoas na Ruta dos Muíños de SamieiraPolicía Local de Poio Ademais, segundo informa a Policía Local de Poio, ambos llevaban cans. Os dous accidentados sufriron feridas de consideración na caída. No dispositivo, que se estendeu ata a medianoite, participaron Policía Local e Protección Civil de Poio, o GES de Sanxenxo e persoal sanitario do 061.