A praia de Pragueira estrea unha ducha natural

Wait 5 sec.

A praia de Pragueira estrea unha ducha natural aproveitando os recursos naturais sen que iso supoña malgastar auga. O departamento de Turismo e Praias, dirixido polo concelleiro Juan Deza, puxo en marcha esta nova ducha natural en Sanxenxo. Un novo servizo que ofrece a praia este verán aproveitando a auga do regato que desemboca no areal. Operarios municipais habilitaron unha plataforma de aceiro inoxidable, aproveitando a desembocadura en pendente do regato Besadoiros no areal. Unha medida "ecoeficiente" que está a ter unha gran acollida polos usuarios e que é similar á instalada xa o ano pasado con éxito na praia de Bascuas. Cabe lembrar que, en 2019, Sanxenxo decidiu prescindir das duchas nos areais como unha medida responsable no consumo de auga e cambialas por lavapés cun regulador do chorro. Unha acción que permitiu o aforro de 2,5 millóns de litros de auga. Non é a única novidade coa que conta este ano a praia de Pragueira, o chiringuito situado na praia innovou este ano o seu mobiliario coa instalación de antucas caribeñas. Antucas caribeñas na praia de Pragueira