Pablo Crespo, Claudia Couto e Martín Jácome brillan con tres pratas no Mundial junior e sub23

Wait 5 sec.

A armada pontevedresa volveu a deixar a súa pegada no Campionato do Mundo de Sprint júnior e sub23 que se celebra en Montemor-o-Velho. Esta vez foi da man de Pablo Crespo, Claudia Couto e Martín Jácome, quen se erixiron como grandes protagonistas da xornada, ao contribuír con tres medallas de prata que resultaron decisivas para o medalleiro español. Pablo Crespo, da Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra, subiu ao segundo chanzo do podio no C1 sub23 1000 metros cun tempo de 3:58.32, só superado polo italiano Gabriele Casadei (3:54.89). O checo Adam Rudolf completou o podio con 4:01.69. Pablo Crespo, no Campionato do Mundo de Sprint Júnior e Sub23Federación Española de Piragüismo No caso da pontevedresa Claudia Couto (EP Cidade de Pontevedra), logrou tamén o metal prateado no C2 sub23 200 metros xunto á súa compañeira Elena Gómez-Millán. A vitoria foi para a embarcación neutral formada por Trushkina e Nedelkina (44.95), e o bronce recaeu na outra dupla de AIN Gureeva–Shliapnikova (46.26). A terceira medalla asinouna Martín Jácome (EP Cidade de Pontevedra) con outra prata na final A do C1 sub23 200 metros, parando o crono en 40.99. O ouro foi para Sergey Svinarev (AIN) con 40.71, e o bronce para Vitalii Prystai (Ucraína) con 41.21. Martín Jácome, no Campionato do Mundo de Sprint Júnior e Sub23Federación Española de Piragüismo A este tres podios sumouse o bronce de Lara Remigio (Club Náutico O Muiño de Ribadumia) e Marta Castiñeiras (Club Piragüismo As Torres-Romería Vikinga de Catoira) no C2 júnior 200 metros.