O Ernesto Sevilla máis 'literal' traerá o seu peculiar humor a Pontevedra o 1 de novembro

Wait 5 sec.

Até o auditorio de Afundación de Pontevedra virá o humorista Ernesto Sevilla para presentar o seu último espectáculo, un show titulado Yo, literal. Será o vindeiro sábado 1 de novembro, a partir do oito e media da tarde. En Yo, literal Ernesto Sevilla presenta un monólogo que fusiona o seu enxeño e humor característico con reflexións sobre a súa vida e a sociedade actual. A través de anécdotas persoais e experiencias hilarantes, aborda temas como a tecnoloxía, as relacións e a confusión do mundo moderno, sempre co seu toque irónico. O espectáculo destaca pola súa linguaxe coloquial e a súa capacidade para esaxerar situacións cotiás, facendo que o público se identifique coas súas historias. Sevilla convida así a rir do absurdo da vida, cuestionando se realmente estamos a avanzar cara ao futuro. Ernesto Sevilla, que comezou a súa carreira como guionista de Paramount Comedy, fíxose popular grazas á súa participación, xunto con Joaquín Reyes, no programa La hora chanante, ao que seguiron outros espazos como Muchachada Nui ou Museo Coconut. Ademais, na súa faceta como actor triunfou en series como La que se avecina ou en películas como Tenemos que hablar, Lo dejo cuando quiera, Camera Café: La película ou Cuerpo escombro. As entradas para o seu espectáculo en Pontevedra, que teñen un prezo de 26,40 euros, están á venda a través da plataforma Ataquilla.com.