Éxito da primeira edición do festival Senda do Mar con Chimbala como grande atractivo

Wait 5 sec.

A Seca converteuse nun gran escenario da música urbana. Foi coa primeira edición do festival Senda do Mar de Poio, no que miles de persoas gozaron co concerto de Chimbala. O artista internacional amosou grandes xestos de cariño co público, subindo a nenos e nenas ao escenario e mesmo agasallando a un deles coa súa gorra. El foi o cabeza de cartel dun festival no que a complicidade cos DJ locais Arroww e Sote puxo a todo o mundo a bailar no inicio desta cita musical. As sesións de Juanjo García, Borja Solla e Yago Rivas, pola súa banda, puxeron o broche de ouro para rematar esta xornada festiva. A mocidade tivo o seu espazo protagonista nunha programación que apostou pola calidade e a diversidade musical. Concerto de Chimbala no festival Senda do MarConcello de Poio Para que todo funcionara correctamente, o Concello habilitou un amplo dispositivo de mobilidade con lanzadeiras, aparcamentos disuasorios e zonas de parada para facilitar o acceso ao evento. Ademais, o ámbito da Seca contou tamén con diversos servizos de restauración e descanso e mesmo cun punto violeta contra as violencias machistas, reafirmando o compromiso municipal coa igualdade e o lecer responsable. Con entrada gratuíta, este festival formaba parte do circuíto de Concertos do Xacobeo que impulsa a Xunta de Galicia.