A Pobra, escenario dos primeiros goles e o primeiro triunfo de pretempada do Pontevedra

Wait 5 sec.

O Pontevedra Club de Fútbol saca o carbón co seu primeiro triunfo de pretempada. Na que era a súa segunda cita estival, tras o Luís Otero contra a Cultural Leonesa, o conxunto granate sumou os seus primeiros goles e triunfo do curso ao imporse na Pobra do Caramiñal ao Puebla FC, equipo que milita en Preferente (1-2). Foi un duelo marcado pola calor e con dous partes ben diferenciadas. "Na primeira parte mentres tivemos un ritmo alto de xogo competimos moi ben e xeramos ocasións de gol", recoñeceu de feito Rubén Domínguez tras o encontro. Amigable de pretempada entre Puebla FC e PontevedraPontevedra CF SAD Así nos primeiros 45 minutos chegaron os tantos de Alain Ribeiro no minuto 33, na súa primeira diana co Pontevedra, e de Brais Abelenda ao fío do descanso. Con todo na segunda parte o duelo terminouse facendo longo e "o feito de acabar con 10 ao final estabamos a desexar acabar", recoñeceu o técnico. No tempo de desconto chegou o gol da honra para os locais para o definitivo 1-2. Partido entre Puebla FC e PontevedraPontevedra CF SAD "Seguro que co paso dos días, dos adestramentos e incorporando xogadores seremos un equipo mellor", afirmou Domínguez sobre o rendemento dun plantel aínda moi curto de efectivos. O conxunto granate formou na Pobra cun once titular formado por Edu Sousa, Garay, Miki Bosch, Diego, Alain Ribeiro, Miguel Cuesta, Nico, Yelko Pino, Hervías, Brais Abelenda e David Marqués. Posteriormente participaron tamén Alex González, Expósito, Guille, Efrén (porteiro suplente), Sebas, Canosa e Galego.