La Raíz triunfa no seu 'reencontro' co SonRías Baixas

Wait 5 sec.

Despedíronse en 2018 momentaneamente dos escenarios precisamente en Bueu, por iso a súa presenza na xornada incial do SonRías Baixas era unha das máis esperadas. La Raíz foi protagonista indiscutible dun festival que non fixo máis que empezar, pero fíxoo cunha estrea vibrante. Coa súa 'Gira Reencuentro' La Raíz celebra os seus 20 anos sobre as táboas, e durante máis de hora e media fixeron gozar ao público de Bueu cun repertorio infestado de clásicos como'Elegiré', 'Suya mi guerra', 'Jilgueros', 'Tren Huracán' ou 'Rueda la corona'. A todo iso sumouse un apoteósico final co recinto das Lagoas coreando os versos de 'Entre poetas y presos'. Concerto de La Raíz no Festival SonRías BaixasJavier Bragado A primeira xornada do SonRías Baixas contaba tamén coas actuacións de Canteca de Macao, Muyayo Rif e Baiuca. En canto ao que espera este venres, Sen Senra será un dos pratos fortes do día coa súa proposta vangardista xunto a Carolina Durante, unha banda quizais no seu mellor momento e que chega con novo disco, Elige tu propia aventura. Shego e Cariño tamén descargarán as súas guitarras neste segundo día, e completan o cartel Grande Amore, o cantautor Luís Fercán e a banda Melifluo, proxecto que comparten Juanca e Jaime de Supersubmarina. O Festival SonRías Baixas seguirá enchendo Bueu de música até o vindeiro domingo 3 de agosto.