Si, terminaran a tempada, pero... pódelles a afección granate. Manu Quiroga, Pablo Cacheda, Alexandre Davila e Manu Otero vólvense a reunir nunha edición estival de Fondo Norte Podcast. E é que aínda que non haxa partidos de liga, o que si hai son moitos temas que abordar en relación ao Pontevedra CF. Como a priori avanzan: "as novas fichaxes, Xunta de Accionistas, ausencia de comunicación...". Así que, esteas onde esteas, de vacacións ou sen elas, escoita este episodio.