A teconología na arbitraxe chega á Primeira RFEF. Segundo adiantou o programa El Partidazo de Cope, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) aprobou a implantación do sistema Football Vídeo Support (FVS) na categoría na que vai xogar esta tempada o Pontevedra Club de Fútbol. 💥 Informa @partidazocope ✅ Aprobado el VAR 'low cost' (FVS) en 1ª RFEF para esta temporada 📺 El árbitro revisará tras petición de los entrenadores 2⃣ Revisiones por equipo; si aciertan, las conservan 📅 En la Liga F podría aprobarse esta semana 📻 #PartidazoCOPE pic.twitter.com/SABk8paZB7 — El Partidazo de COPE (@partidazocope) July 28, 2025 O FSV é un sistema similar ao VAR que utiliza a Liga de Fútbol Profesional, pero con menor custo de implantación nos estadios e con diferenzas no seu uso. É unha especie de VAR de baixo custo, no que o colegido do encontro só revisará as xogadas polémicas si solicítano os adestradores. Cada adestrador tería a posibilidade de solicitar dúas intervencións da videoarbitraxe por partido, e no caso de acertar conservarían a carta da revisión. Iso si, só se poderían entrar a revisar xogadas decisivas: goles, penaltis, posibles expulsións directas e erros de identidade. A diferenza do VAR, este sistema non require a monitorización continua do vídeo, polo que non sería necesaria a existencia dunha sala específica no estadio.