Dúas intervencións diferentes da Policía Local de Pontevedra realizadas en dous días consecutivos do mes de xuño acabaron coa detención de dous mozos da cidade de 20 anos por tráfico de drogas. A primera intervención rexistrouse na madrugada do 2 de xuño. Os policías descubriron as accións do detido porque tentou fuxir dun control. Patrullas da Policía Local estaban a realizar un control en Paseo de Colón e observaron que un turismo procedente da Ponte da Barca no que viaxaban catro homes tentaba realizar unha manobra brusca para evitar o control. Tras unha breve persecución, o vehículo foi localizado cando tentaba introducirse nun garaxe próximo no que o condutor tiña alugada unha praza. Os axentes realizaron un rexistro superficial dos ocupantes do turismo, do vehículo e do garaxe e localizaron 35 pastillas de MDMA, 7 envoltorios con 20 gramos de cocaína, 40 gramos de marihuana e 1,40 gramos de haxix. Tamén atoparon unha pistola de aire comprimido, un coitelo, unha navalla, unha defensa extensible, unha pequena balanza de precisión e 330 euros en billetes fraccionados. Os axentes verificaron que existían indicios suficientes para asegurar a "sospeita fundada de que as substancias estaban destinadas á súa venta", polo que procederon á detención do condutor do vehículo. O detido era un veciño de Pontevedra de 20 anos e deu resultado positivo nas probas de detección de drogas, polo que os axentes propuxérono para unha sanción de mil euros e retirada de seis puntos do permiso de condución. Ao día seguinte, na madrugada do 3 de xuño, axentes da Policía Local atopábanse intervindo un vehículo por unha infracción de tráfico na rúa Xosé Malvar cando observaron que outro turismo circulaba pola mesma rúa a unha velocidade excesiva, polo que procederon a darlle o alto. Dentro viaxaban catro persoas e viron como o copiloto trataba de esconder algo de xeito brusco e se amosaba visiblemente nervioso. Ao ser requirido pola Policía Local, entregou o obxecto que tentaba agochar: un pequeno estuche con 42 gramos de haxix e 55 euros en moeda fraccionada Os axentes puideron concluír que a substancia estaba destinada á súa venta e que os cartos procedían de ventas anteriores, polo que procederon á detención desta persoa. Tamén era un veciño de Ponteveda de 20 anos. Nesta ocasión, unha veciña de Ponteveda de 19 anos que viaxaba na parte posterior do vehículo tamén foi denunciada. Atopáronlle 23 gramos de marihuana e 4 de haxix e propuxérona para sanción por infración á Lei Orgánica de Seguridad Ciudadana.