O vindeiro ano 2026 serán festivos locais en Poio o 17 de agosto, Día da Galicia Mártir, e 24 de setembro, Día da Merced. Así foi aprobado por unanimidade no pleno celebrado este mércores. A elección do Día da Galiza Mártir ten lugar logo de que a Xunta de Galicia incluíse o 24 de xuño, San Xoán, como día festivo no calendario autonómico. En Poio existe desde hai anos un acordo unánime de todos os grupos políticos para incluír o Día da Galiza Mártir como alternativa de festivo local cando os habituais (o 24 de xuño ou 24 de setembro) coincidisen en domingo ou co calendario autonómico. Ademáis deste asunto, o pleno ordinario aprobou de maneira definitiva a nova ordenanza da prestación do servizo de abastecemento e sumidoiros e a adxudicación dunha operación de crédito. Por último, aprobouse definitivamente o plan de emerxencias e autoprotección da illa de Tambo. A concelleira de Turismo, Rocío Cochón, indicou que este plan non define nin autoriza usos concretos, senón que se limita a prever escenarios de risco baseados na actividade actualmente permitida, "protexendo a quen visita, investiga ou amosa ao mundo a riqueza da illa".