Un Marín Futsal internacional para tentar regresar a Primeira

Wait 5 sec.

O mercado internacional está a ser protagonista no Marín Futsal tras o seu descenso a Segunda División. O club marinense, que encomendou o seu novo proxecto ao adestrador co que ascendeu á máxima categoría, Raúl Jiménez, está a configurar un plantel en grao sumo internacional. Este mércores confirmou a fichaxe da brasileira Katiane Venâncio, procedente do Unifor Futsal do seu país. View this post on Instagram A post shared by Marin Futsal (@marin_futsal) Trátase da cuarta futbolista carioca que pasa a formar parte do equipo, tras as incorporacións de Adriana Lima, Thais Oliveira e Paola Leao, as dúas últimas futbolistas internacionais. Delas só Lima chega ao equipo da Raña desde un club europeo, FC Águias de Santa Marta portugués. Ademais, para pór a guinda ao seu proxecto máis internacional, o Marín Futsal tamén fichou á gardameta internacional xaponesa Yuria Soto, procedente do Melilla. Con estas xogadoras o club pretende configurar un plantel que poida pelexar por regresar á elite. A estes movementos únese até o momento a fichaxe da galega Lucía Rivas e a renovación de Carol Agulla.