Encontro coa música tradicional galega en Beluso

Wait 5 sec.

O Concello de Bueu e a Asociación Cultural Novos Ventos de Beluso organizan o IV Encontro de música tradicional galega, que se celebrará o 9 de agosto durante todo o día no aparcadoiro da plazoleta de Beluso. Carmen García, concelleira de cultura, presentou este mércores o evento canda integrantes de Novos Ventos diante da Casa do Pobo da parroquia. Este encontro é "unha aposta pola nosa música e xerando unha xornada para compartir en familia", dixo. As actividades comezarán ás 11 horas co mercado de artesanía e con varias actividades que se irán desenvolvendo ao longo da mañá, como zumba con Sole, taller de abalorios con Silvia Prieto, propostas infantís coa Asociación Amodiño, pasarrúas con grupo de gaitas Nos Ventos e concerto de sesión vermú no recinto de festas. Pola tarde, a partir das 20 horas, actuarán o grupo de gaitas Asociación Cultural Carballido de Ardán, Retrouso de Cela acompañados por "A quinta ferreña" e Novos Ventos. Finalizará o encontro cun concerto a cargo do grupo de folk Ardentía.