A Xunta di que os asasinatos de mulleres non teñen relación coa súa "residual" política de prevención

Wait 5 sec.

O Goberno galego di que "en moitos casos, un dos motivos ou detonantes que levou ao agresor a acabar coa vida da muller foi a decisión dela de deixalo". O Consello de Contas respondeu que esa é unha cuestión que "non dá lugar a ningún debate", desbotou as alegacións do Goberno galego e insistiu en que "non só na Secretaría Xeral de Igualdade, senón en todo o ámbito autonómico", as actuacións de protección e apoio "foron gañando peso fronte ás de prevención"