Primeira xornada no Campionato de España Absoluto de Atletismo de Tarragona e primeira medalla pontevedresa. A honra recaeu no marchador Daniel Chamosa, da Sociedad Gimnástica, nunha das primeiras probas do nacional, os 10.000 metros marcha. Chamosa, en plena preparación para o que será en setembro o seu primeiro Mundial coa Selección Española, en Tokio, quedou en Tarragona a apenas 10 segundos da súa mellor marca persoal. Entrou na meta cun tempo de 39:38.75, en terceira posición. O ouro levoullo Paul Mcgrath cun tempo estratosférico, a súa mellor marca persoal e a terceira marca española da historia (38:49.76), mentres que a medalla de prata recaeu en Diego García (39:24.69). Tras a medalla de bronce de Dani Chamosa, as miradas viran agora cara á súa irmá, Antía Chamosa, un dos nomes a seguir nos 10.000 marcha femininos previstos para este sábado 2 de agosto (9:50 horas). Unha proba por certo na que tamén participará a súa compañeira de club Alba Nieto. Podio 10000 m marcha 🚹 #ceatletismo 🥇@PaulMcGrathinho 38:49.76 MP (Líder 🇪🇸 del año) 🥈@DiegoGCarrera 39:24.69 🥉@danichada 39:38.75 ENHORABUENA 👏👏👏 📺 @rtveplay @teledeporte 📺 Multiview/Concursos https://t.co/kJ8cXvAkQN 📊 https://t.co/vnVKbKQMWK 📸… pic.twitter.com/8IxCVxV18p — atletismoRFEA (@atletismoRFEA) August 1, 2025