Marqués de Riestra é o nome dunha céntrica rúa pontevedresa. Céntrica e moi próxima ao palacete no que viviu e faleceu o marqués, hoxe coñecido como Michelena 30, sede do Concello de Pontevedra. E, quen foi este home?, todo apunta a que o máis influente da provincia entre finais do século XIX e comezos do século XX. A través do documental sonoro que ofrece este podcast recréase a súa procedencia, o legado familiar recibido, a súa faceta política, empresarial e social. Á súa morte, os actos fúnebres que tiveron lugar foron un reflexo da transcendencia que chegou a alcanzar José Riestra López. Para a realización deste episodio de 'Cos 5 sentidos' usáronse como fontes:El pulso empresarial entre el norte y el sur de Galicia: el caso de Pastor y Riestra' de Elvira Lindoso Tato y Margarita Vilar Rodríguez. Universidad de A Coruña (Historia Contemporánea 45: 669-704 ISSN: 1130-2402). 'Empresarios de Galicia. (V2). Ascensión e caída da casa Riestra', María Jesús Facal Rodríguez e Xoán Carmona Badía, Universidade de Vigo e de Santiago de Compostela / CIEF CaixaGalicia /Fundación Galicia Empresa. Galiciana. Museo de Pontevedra. Os recursos sonoros corresponden a: Música Tradicional. Galicia v1, 'Negra sombra' (J. Montes) por Agrupación Coral Virgen del Faro. Orquesta Clásica de Xove e Grupo Vocal Solo Voces, 'Kyrie' (J. Montes Capón). 'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).