A edición número 28 do Festixeve, celebrada no Campo da Festa de Vilar de Saboroso, en Santo André de Xeve, converteuse esta semana en punto de encontro para os amantes da música galega. As festas arrincaron o xoves 31 cos cantos de tarbena a cargo do grupo Son das Corbaceiras e continuaron o venres co Meigallo Festixeve. Festixeve 2025Cristina Saiz O prato forte chegou o sábado, cando a cantautora Sés e a banda Treixadura subíronse ao escenario para pór o ritmo e animar a noite aos centos de asistentes. Sés volveu demostrar por que está considerada unha das grandes voces de Galicia, ofrecendo un repertorio no que destacaron os temas de Con diante un eco (2022), o seu último álbum de estudo até a data. A coruñesa, con máis de trece anos de traxectoria e oito discos publicados, ofreceu un repertorio fusionando rock and roll, tradición galega e matices da canción de autor latinoamericana. Treixadura, pola súa banda, repasou no escenario máis de tres décadas de música tradicional, sorprendendo ao público cun espectáculo no que combinaron o canto e a gaita. Tras o cheo da noite do sábado, este domingo a calor provocou que durante as horas centrais do día e durante a tarde apenas se achegase público. Festixeve 2025Cristina Saiz