O mundo mira a Venezuela, tras a detención do seu presidente Nicolás Maduro despois dunha intervención militar dos Estados Unidos. Tamén o fai como non podía ser doutra maneira a importante comunidade venezolana afincada en Galicia e en Pontevedra en particular. A Asociación de Venezolanos en Pontevedra (Asovedra) convocou de feito para este mesmo sábado 3 de xaneiro un "forte abrazo" colectivo na Praza da Peregrina pola "nova Venezuela Libre". O colectivo representado por esta asociación fala de "esperanza en que se abra por fin o camiño cara a unha Venezuela libre, con dereitos humanos e dignidade". Recoñece con todo que "non era o escenario que desexabamos", xa que "durante anos defendemos unha saída democrática e pacífica para Venezuela". O encontro desta comunidade terá lugar ás 19.00 horas. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida por ASOVEDRA (@asovedra)