Cerdedo-Cotobade asina convenios nominativos con 33 asociacións e colectivos sociais

Wait 5 sec.

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, informou da firma dun total de 33 convenios nominativos co tecido asociativo do municipio. Para este labor o goberno local destina un importe total de 77.700 euros. Trátase dunha medida que busca apoiar economicamente a actividade das asociacións culturais, deportivas, educativas, veciñais, sociais e comunitarias. A achega municipal, sinala o Concello, destínase a financiar proxectos diversos entre os que se inclúen actividades extraescolares, festas gastronómicas, o funcionamento das escolas de música ou a promoción do deporte base, entre outros. "Estes convenios son unha ferramenta esencial para recoñecer e apoiar o traballo voluntario e constante das asociacións, que chegan onde moitas veces a administración non pode chegar e que fan posible que Cerdedo-Cotobade teña unha vida social activa, participativa e diversa ao longo de todo o ano", afirma Cubela. "Achegan seguridade económica ás entidades e lles permiten planificar a súa actividade con antelación e estabilidade", asegura o alcalde. As entidades beneficiarias dos convenios nominativos son: ANPA Carballedo, ANPA Tenorio, ANPA Cerdedo, ANPA IES Cotobade, CEIP de Tenorio, Asociación Comisión de Festas de Valongo, Asociación Cultural Amigos do Queixo, Asociación do Entroido de Aguasantas, Asociación Cultural de Borela, Asociación Cultural Foula, Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, Asociación Cultural Foula, Os Abrentes de Cerdedo, Asociación Escola de Música de Cerdedo, Asociación Banda Unión Musical de Tenorio, Os Afoutes do Canon de Pau, Pandereteiras de Quireza, Asociación Cabalar Monte Castelo, Xubilados de Tenorio, Xubilados de Viascón, Asociación Cabalar Cerdedo Cotobade, Club Ciclista Cerdedo- Cotobade, Club Tenorio Futbol Sala, Club Cerdedo- Cotobade Futbol Sala, Club Escolas Deportivas de Cotobade, Club Escola Deportiva Petote, Congostra Team Sanxenxo, Asociación Española Contra o Cancro, Sociedade de Caza de Cerdedo, Mancomunidade de Montes de Cerdedo Cotobade, Sociedade de Caza o Coirego.