As probas médicas marcan o inicio da pretemporada no Cisne

Wait 5 sec.

As vacacións chegan ao seu fin no Club Cisne Balonmán, que empeza a dar os primeiros pasos da nova tempada. O primeiro compromiso para o persoal do equipo pontevedrés foi este luns o inicio dos habituais recoñecementos médicos. Unha toma de contacto para os xogadores antes de volver definitivamente ao traballo. Lunes de reencuentros 👋 𝑳𝒖𝒏𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒑𝒓𝒖𝒆𝒃𝒂𝒔 𝒎𝒆́𝒅𝒊𝒄𝒂𝒔 ✅#VamosCisne pic.twitter.com/nGFnoHmVKG — Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 21, 2025 Está previsto que os adestramentos comecen de maneira oficial o vindeiro martes 29 de xullo cunha sesión que se celebrará no Pavillón Municipal dos Deportes. Non tardarán os de Quiños en porse a proba cos seus primeiros encontros estivais, e é que o 7 e 8 de agosto celebrarase o primeiro Torneo Internacional Interpontes, no que exercen de anfitrión ante clubs da talla de Dinamo de Bucarest, Cangas e Sporting de Portugal. Visitarán Pontevedra dous equipos de Champions ademais do único representante galego na Liga Asobal. O Cisne estrearase de feito o xoves 7 nunha das semifinais fronte ao Dinamo. Unha cita para ir gañando sensacións de face a unha tempada que arrincará na División de Honra Prata cun encontro o 14 de setembro na casa contra o recentemente ascendido OAR Coruña.