"En 'Vacacións en Paz' aprendemos moito dos nenos, da súa resistencia e loita por unha causa xusta"

Wait 5 sec.

O pasado luns chegaron ao aeroporto vigués de Peinador os 305 nenos e nenas saharauís que forman parte este ano do programa Vacacións en Paz, mediante a que familias galegas os acollen durante dous meses. Falamos con Covadonga Rodríguez, de Sogaps, que dende hai catro anos vén participando na iniciativa.