Unha muller resulta ferida ao caerlle enriba unha árbore nas instalacións do Casino na Caeira

Wait 5 sec.

Unha muller resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital ao mediodía deste xoves tras caerlle enriba unha árbore nas instalacións o Liceo Casino na Caeira, en Poio. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, os equipos de emerxencia tiveron que liberar á muller, que quedou baixo a árbore. A muller foi atendida polo persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A continuación, foi trasladada ao hospital de referencia. Segundo a información facilitada polo 112, a ferida atopábase en bo estado, aínda que podería presentar algunha fractura. No 112 tiveron constancia do sucedido sobre as 12.15 horas a través das chamadas de varios particulares. Desde o 112 Galicia mobilizaron ao GES de Sanxenxo, aos Bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.