O verán trae melloras na accesibilidade dos colexios de Portonovo e Sanxenxo

Wait 5 sec.

Como cada ano, o verán chegou con obras aos colexios de Sanxenxo, da man do Concello e a Consellería de Educación. Aproveitando as vacacións, están a realizarse pequenas reparacións en todos os colexios e, adenás, están a realizarse dúas actuacións importantes para mellorar a accesibilidade nos centros educativos de Sanxenxo e Portonovo. Educación asume a mellora da accesibilidade no colexio de Portonovo está valorada en 250.000 euros, que inclúe a instalación dun ascensor entre as dúas plantas do edificio de primaria. A consellería tamén acomete a ampliación da aula de multiusos, un baño adaptado en primaria (en infantil xa se fixo o ano pasado) e o techado das ramplas que comunican os edificios de infantil e primaria. O Concello vaise a encargar de cambiar as columnas da entrada principal, pintar o ximnasio e limpar os canlóns. No colexio da Florida, grazas ás cesións e os terreos adquiridos polo Concello, vaise a ensanchar e asfaltar o acceso da rúa Ricardo Santos entre a rúa Poetas Galegos e a estrada de Padriñan. Isto permite mellorar a seguridade de peóns e vehículos. A obra leva aparellada unha cesión onde se farán varias prazas de aparcadoiro, o ensanche do viario e a eliminación da cuneta ao descuberto coa correspondente recollida de pluviais. Tamén se pavimentará a calzada, se recrecerán as tapas de rexistro afectadas e colocarase a sinalización vertical. A mellora está valorada en 64.960 euros e conta cunha subvención de Agader. Outras actuacións do Concello neste centro son o arranxo de persianas, fixar as pedras da entrada infantil, instalación de velas para crear sombra no parque infantil e substitución do porteiro do comedor. Con fondos propios do Concello ese están a realizar outras obras valoradas en 50.000 euros. No colexio de Noalla cámbiase unha xanela, arranxo da caseta de xardín, plantación de árbores en patio infantil e limpeza de escaleiras de emerxencia. Na aula infantil de Aios píntase o edificio, cámbianse dúas portas e unha persiana. No colexio de Dorrón hai que pintar o edificio e arranxar unha randeeira. No de Nantes asúmese o pintado exterior, arranxo porta principal, substituír azulexos de baño, pintar salga usos múltiples e cambiar alumado pista deportiva.