Juan Luis Guerra afirma que "no fue una decisión fácil" suspender o concerto e anuncia van ofrecer unha compensación

Wait 5 sec.

O cantautor Juan Luís Guerra desculpouse ante o público pola suspensión do concerto deste sábado en Sanxenxo. A choiva motivou a cancelación do concerto aos corenta minutos de comezar o espectáculo. No recinto habilitado na Praza do Mar de Sanxenxo había máis de 15.000 persoas despois de esgotar as entradas. A decepción e o enfado de moitos dos presentes trasladouse ás redes sociais onde critican á organización, culpándoa de non tomar medidas antes. O artista dominicano difundiu este domingo un comunicado no que se dirixe ao seu público: "Queridos amigos, lamentamos muchísimo que el show de anoche en Sanxenxo tuviera que ser interrumpido por las fuertes lluvias y el viento". Juan Luís Guerra sinalou que "todos estábamos llenos de esperanza y alegría para ofrecerles el mejor de los shows. No fue una decisión fácil, pero teníamos que tomarla por la seguridad de los asistentes y la nuestra". Ademais, o artista destaca o comportamento exemplar do público "agradezco la paciencia, el cariño y la comprensión que nos dispensaron en todo momento y esperamos volver pronto y darles lo mejor de nuestra música". Por último, Juan Luís Guerra tamén informou que a compañía produtora traballa xa en ofrecer alternativas para compensar ao público afectado. "La compañía productora nos asegura que muy pronto dará alternativas de compensación. Reciban un fuerte abrazo y bendiciones!", conclúe o comunicado. Ver esta publicación en Instagram Unha publicación compartida por Juan Luís Guerra Oficial (juanluisguerra)