Aprobada en pleno a conta xeral de Soutomaior

Wait 5 sec.

O pleno municipal de Soutomaior aprobou, cos votos favorables do goberno local e a abstención do PP, a conta xeral do ano 2024. Segundo o alcalde, Manu Lourenzo, o orzamento municipal de 2024 comezou en 6,7 millóns de euros e pechouse en 8,2 millóns. Todo iso cunha execución orzamentaria do 83% que "é posible grazas a unha xestión económica, seria, rigorosa e onde se fiscaliza ata o último céntimo que entra no concello", afirmou o rexedor. Ademais, adiantou, "neste 2025 remataremos o ano mellorando esa cifra e chegando a un orzamento total de case 9 millóns de euros". Xunto a estes datos o aforro permitiu pasar dun remanente de 1,71 a 1,73 millóns de euros. Un dato, engade Lourenzo, que se logrou "sen subir ningún imposto, agás o taxazo de Sogama da Xunta de Galicia, algo que tivemos que levar a cabo por imperativo legal".