A EOI de Pontevedra abre matrícula con opcións para todas as necesidades

Wait 5 sec.

Gustaríache aprender alemán, francés, galego, inglés, italiano ou portugués? Ou quizais prefiras mellorar a túa expresión oral sen a presión dun exame final? Na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra xa está aberto o prazo de matrícula para cubrir as prazas vacantes do curso 2025-26, entre o 22 de xullo e o 19 de setembro. A matrícula é sinxela: só cómpre cubrir os datos e escoller o idioma e o grupo con prazas dispoñibles. Unha vez validada a opción, procédese ao pago das taxas, que oscilan entre 105 € para alumnado que repite curso e 127 € para o novo alumnado. En función da situación persoal e académica, pódese ter dereito a matrícula gratuíta, con exencións totais ou parciais. Unha oferta adaptada a todas as necesidades A EOI de Pontevedra ofrece cursos de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués en modalidade presencial, semipresencial e a distancia, ao abeiro do programa That's English. Como novidade destacada, oferta cursos por destrezas e temáticas específicas sen exame final, ideais para aprender sen a presión dun exame oficial. Este ano, a sede central, no Campus da Xunqueira, inclúe propostas especialmente flexibles: - Cursos de destrezas orais de nivel intermedio e avanzado en inglés. - Un curso monográfico de portugués nivel C1-C2, que xa tivo moi boa acollida o ano pasado. - A gran novidade: un curso de italiano oral de nivel C1 centrado en música, cine e teatro, ideal para amantes da cultura. E se non podes asistir catro horas á semana? Escolle un curso semipresencial ou matricúlate na modalidade a distancia. A EOI de Pontevedra brinda dúas opcións ás persoas que precisan máis flexibilidade: os cursos semipresenciais e o programa That's English!. Os cursos semipresenciais son ideais para persoas con horarios complexos, xa que combinan unha única sesión presencial semanal de dúas horas cunha parte de traballo autónomo a través da aula virtual. Este ano, a oferta en inglés amplíase cos niveis A2 e C2, completando así todo o itinerario oficial nesta modalidade. Por outra banda, That's English! é a opción a distancia para aprender inglés dende a casa, cunha titoría semanal voluntaria de hora e media, acceso á plataforma en liña e posibilidade de obter certificación oficial. Está especialmente dirixido a persoas que queren estudar ao seu ritmo sen renunciar ao acompañamento docente. Tres seccións para achegar os idiomas a máis localidades Para achegar o ensino de idiomas a diferentes puntos da provincia, a EOI de Pontevedra conta con tres seccións, que tamén ofrecen cursos ordinarios, por destrezas e semipresenciais. - A Estrada (IES Antón Losada Diéguez): cursos de destrezas orais básicas e intermedias en inglés e un curso semipresencial de nivel B1. - Lalín (IES Ramón Mª Aller Ulloa): oferta de inglés e francés, así como cursos por destrezas xerais en inglés e semipresencial de inglés B2.1 e C1.1. - IES Valle Inclán (Pontevedra): ampla oferta de inglés e cursos monográficos moi singulares: un sobre conservación e restauración de bens culturais (no primeiro cuadrimestre), que pon en valor á cidade de Pontevedra como referente para o alumnado de arte e restauración, outro de destrezas orais para viaxar (no segundo cuadrimestre) un curso de destrezas orais A2 (2º cuadrimestre) un curso semipresencial de nivel B2.1. Instalacións da Escola Oficial de Idiomas en PontevedraEOI Pontevedra Novo horario Co obxectivo de adaptarse mellor á vida do seu alumnado, a EOI comezará este curso a súa actividade lectiva ás 9:30 da mañá (no canto das 9:00), e manterá clases ata as 21:30 h, ofrecendo unha ampla dispoñibilidade de franxas horarias, que permiten compatibilizar os estudos con outras obrigas persoais ou laborais. Moito máis ca clases: actividades culturais para toda a comunidade A EOI de Pontevedra tamén é un espazo de dinamización cultural. O alumnado pode participar en actividades como viaxes, conferencias, presentacións de libros, clubs de lectura ou concursos, que enriquecen a experiencia de aprendizaxe. Nun mundo cada vez máis conectado, dominar outras linguas é máis que unha vantaxe: é unha necesidade. Tanto se precisas dunha certificación oficial para avanzar nos teus estudos ou na túa carreira, como se simplemente queres mellorar a túa comprensión oral e escrita dun idioma por pracer ou por viaxar, na EOI de Pontevedra atoparás a opción perfecta para ti. A matrícula xa está aberta, e toda a información está dispoñible na súa páxina web oficial. Aprender un idioma nunca foi tan accesible. Este é o momento perfecto para dar o paso. Instalacións da Escola Oficial de Idiomas en Pontevedra EOI Pontevedra