Bandeira amarela na praia de Panadeira pola aparición dunha mancha de gasóleo

Wait 5 sec.

A bandeira amarela ondea desde a mañá deste martes na praia de Panadeira, en Sanxenxo. O Concello decidiu ondear esta insignia ante a aparición dunha mancha de gasóleo. A mancha apareceu no porto de Sanxenxo, situado xusto fronte a este areal. Ante o achado desta vertedura, decidiuse cambiar o aviso para os bañistas, mentres se procede á súa limpeza. Segundo a información facilitada polo Concello, os primeiros en desprazarse até a zona foron traballadores de Nauta Sanxenxo, con dispersante para tentar conter a mancha. Ademais, a intervención contou coa colaboración do Real Club Naútico de Sanxenxo. O Concello pediu, así mesmo, que se mobilizase a Salvamento Marítimo para que proceda, cos seus medios, á absorción da mancha. Bandeira amarela en PanadeiraConcello de Sanxenxo