Explican que a sentenza non é un punto e final, senón o comezo dunha nova fase na loita fronte ao poder político que veu mirando para outro lado mentres o complexo industrial gandeiro na Limia esparexía os seus residuos polo territorio provocando un grave problema ambiental no encoro das Conchas, “que presenta uns niveis de contaminación superiores ao do Mar Menor en Murcia”.