En que consisten os 'socios protectores' do Teucro?

Wait 5 sec.

Tras lanzar esta semana a súa campaña de socios para a nova tempada, a Sociedad Deportiva Teucro quixo explicar con máis detalle un dos seus abonos máis especiais: o socio protector. Esta categoría de socio terá un importe de 250 euros e nel irán incluídos dous carnés. Ademais, se o socio protector é autónomo, pode beneficiarse dunha dedución fiscal do 85%, o que supón recuperar 212,50 euros a través da declaración da renda. Con iso, o custo real redúcese a tan só 37,50 euros. O prezo do carné de socio sénior para adultos é de 80 euros, mentres que o abono familiar (pais e fillos até 25 anos) ten un custo de 150 euros. Os mozos de entre 15 e 25 anos poderán facerse socios por 50 euros e as persoas xubiladas poderán obter o seu abono por 60 euros.