Cerdedo presenta o programa das festas do Divino Ecce-Homo e da Virxe das Dores

Wait 5 sec.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, o concelleiro Javier Lois 'Chufi' e membros da Comisión de Festas de Cerdedo, presentaron o programa festivo que na honra do Divino Ecce-Homo e a Virxe das Dores que terá lugar os días 23, 24, 25, 26 e 27 de xullo. O programa festivo comeza na noite do mércores 23 coa actuación de Panorama City e o Dj Paco Vulcano; mentres que o xoves 24 de xullo, pola noite, será o concerto do grupo de folk Luar na Lubre. O venres 25 de xullo haberá unha verbena amenizada pola orquestra Tattoo e o Dj JJ-Compota. O sábado 26 de xullo, a xornada festiva comezará cun pasarrúas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo e ás 12:30 horas haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial, seguida de procesión. Pola tarde, a partir das 18 horas, haberá animación musical polas rúas a cargo da Charanga Charandonga. Pola noite, terá lugar o gran concerto do grupo arxentino Ráfaga e o Dj Matrek. Á 1:30 horas da madrugada terá lugar unha gran tirada de fogos de lucería. O domingo 27 de xullo pola mañá haberá pasarrúas e alboradas a cargo da Banda de Música de Cerdedo. Ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro Parroquial, seguida de procesión. Ás 21 horas, na Praza do Concello, terá lugar un concerto protagonizado por Antonio Barros e a Banda de Música de Cerdedo co espectáculo "Juan Pardo Sinfónico". CONCILIA MAÑÁ Por outra banda, o alcalde anunciou que o Concello de Cerdedo-Cotobade sacou a concurso público aberto e simplificado a presentación do servizo de actividades de conciliación de vida laboral e familiar do programa Concilia Mañá e que mantén aberto o prazo para presentación de ofertas ata o xoves 24 de xullo ás 23:59 horas. Os interesados en participar neste proceso de licitación parten dun prezo inicipal pola prestación do servizo de 29.146,65 euros O adxudicatario terá que dar servizo de atención á demanda que se produza nos centros educativos de Carballedo e Tenorio e, este ano por primeira vez, tamén en Cerdedo, no colexio San Xoán Bautista.