As Galiñas Azuis reducen horarios e servizos por falta de persoal en xullo

Wait 5 sec.

Mala xestión. Traballadoras e familias usuarias dos servizos educativos das Galiñas azuis alertan da situación que están a vivir nas últimas semanas: o Executivo non está a cubrir permisos do persoal solicitados desde hai tempo para este mes de xullo, coa consecuente sobrecarga para as traballadoras que quedan nos seus postos e o descontento das familias que sofren un servizo mermado. Moitas escolas xa foron avisando nos últimos días de reducións de horarios ou servizos. Traballadoras e Anpas de varios centros xa enviaron queixas á Xunta pola situación.