Aberto o prazo para reservar lotes para o Xantar Rupestre de Campo Lameiro

Wait 5 sec.

Unha das citas máis esperadas do verán en Campo Lameiro abre o seu período de reservas. Xa se poden reservar lotes para o Xantar Rupestre que se se celebrará o domingo 24 de agosto no Parque Arqueolóxico dentro da cuarta edición do Festival Laeros. Os interesados poden adquirir un lote para 20 persoas por importe de 450 euros que darán dereito a dispor dun asado de costillar, 12 racións de polbo, 2 bolos de pan, 12 botellas de viño e 8 botellas de auga. No caso do medio lote, para 10 persoas, servirase medio costillar, 6 racións de polbo, 1 bolo de pan, 6 botellas de viño e 4 de auga a un prezo de 225 euros. Para asegurarse un lote no Xantar Rupestre é necesario dirixirse ao teléfono 886 151 195, pertencente ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR), ou ao correo electrónico reservas@paar.es. As reservas colleranse de martes a domingo en horario de apertura do centro de interpretación. A comida será preparada pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.