Augas de Galicia traballa polo benestar hídrico e a seguridade da veciñanza de Pontevedra

Wait 5 sec.

A Administración Hidráulica de Galicia vela polo benestar dos veciños dentro do seu ámbito de competencia: a demarcación hidrográfica Galicia Costa. Os episodios extremos -ben sexan inundacións, ben secas- demandan de xeito especial dispoñer dunha estratexia clara e ben definida para afrontar os riscos que levan aparellados e minimizar todo o posible as súas consecuencias. Nesa liña traballa cada día Augas de Galicia; singularmente, no caso de Pontevedra e a súa contorna. No que atinxe aos asolagamentos, cada seis anos actualízase o plan de actuación ante riscos de inundación. O primeiro paso é a redacción e revisión da avaliación preliminar do risco de inundación -en colaboración coas autoridades de Protección Civil, a Administración xeral do Estado e outros órganos competentes-. Neste proceso, Augas de Galicia identifica as áreas de risco potencial e significativo de inundación, coñecidas polo seu acrónimo, ARPSI; o segundo paso é desenvolver mapas de perigosidade e risco de inundación que son incorporados ao plan de xestión de riscos de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa, no que se determinan as medidas a realizar de cara a minimizar os efectos negativos das enchentes. Cunha dotación total de máis de 35 millóns de euros para o conxunto de actuacións programadas para os próximos dous anos, a Xunta garante un compromiso firme con estas actuacións. Nas ARPSI con maior risco recóllese a necesidade de redactar Propostas Específicas de Xestión do Risco de Inundación, nas que se traballa a nivel de detalle na propia Área con Risco Potencial Significativo de Inundación para tratar de minimizar riscos concretos, incrementar a calidade ambiental das contornas fluviais e recuperar a condición dos ríos como hábitats naturais, abordando todas as tipoloxías de medidas a adoitar. Estas propostas específicas inclúen medidas de prevención e preparación, de protección e de recuperación en cada unha das ARPSI de maior risco. Na actualidade, téñense delimitado 47 ARPSI como as de maior risco, e para todas elas se teñen estudado e analizado propostas específicas para reducir o risco de inundación. As propostas inclúen medidas de prevención e preparación, de protección e de recuperación. Reunión de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, cos veciños de Fernando OlmedoMónica Patxot Como parte desta estratexia para integrar o espazo fluvial nos ámbitos máis urbanos, a Xunta de Galicia aposta polas denominadas "áreas de inundación controlada". Deseñadas especificamente para recibir e reter grandes volumes de auga durante os episodios de choivas intensas, tamén conforman amplos espazos para a veciñanza e posúen importantes valores ambientais en tempo seco. O obxectivo principal destas áreas é reducir o risco de inundación en zonas urbanas ou con infraestruturas sensibles, permitindo que a auga se desborde de xeito seguro e minimizando así o impacto nas áreas máis vulnerables. Están deseñadas para funcionar como espazos de contención temporal, contribuíndo á xestión eficaz dos caudais extremos e protexendo tanto á poboación como ao medio ambiente. Valdecorvos, prioritario Valdecorvos, en Pontevedra, é unha das zonas marcadas en vermello pola dirección de Augas de Galicia como prioritaria para acometer as primeiras áreas de inundación controlada. De aí que a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, mantivese o pasado mes de maio un encontro coa veciñanza deste barrio, para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e trasladarlles os plantexamentos do Executivo galego para solucionar os recorrentes problemas de enchentes. Reunión de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, cos veciños de Fernando OlmedoMónica Patxot A proposta elaborada por Augas de Galicia -explicada pormenorizadamente aos veciños polo seu director, e trasladada con anterioridade ao Concello- pretende laminar os crecementos do caudal en caso de precipitacións intensas, e minimizar o impacto dos desbordamentos nas proximidades do río Valdecorvos. A creación dunha zona de inundación controlada iría acompañada doutras medidas de restauración fluvial e de retención da auga, así como complementada con actuacións na rede de tubaxes municipais que os veciños teñen identificadas como insuficientes para os caudais que recollen os sumidoiros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como explicou a súa titular, estima que esta actuación implica un investimento de arredor de 1,6 millóns de euros. En todo caso, esta cantidade queda suxeita á definición definitiva do proxecto. Na xuntanza se trasladou aos veciños que será durante a súa redacción cando se estuden cuestións concretas que preocupan á veciñanza -como a posibilidade de que os asolagamentos teñan a súa orixe en aportes doutras masas de auga-, sempre co obxectivo de adoptar a mellor solución. O presentado en maio é unha proposta inicial, deseñada polos técnicos de Augas de Galicia, que consideran que conta con maior capacidade de acollida que outros plans presentados a nivel municipal; e que, por conseguinte, preséntase como a mellor resposta aos problemas sistemáticos de Valdecorvos. A creación desta zona de inundación controlada é unha das oito propostas realizadas polo organismo hidráulico autonómico na ARPSI dos ríos Lérez e Gafos. Todas elas foron trasladadas en distintas reunións técnicas ao goberno local, o cal, en virtude das súas competencias, deberá decidir cales considera que han de desenvolverse -máis aló da colaboración que poida prestar Augas de Galicia na súa execución e financiamento-. Entre elas figuran a restauración fluvial do río Gafos, no barrio de Campolongo, e da Xunqueira de Alba, no rego de Granda, así como a ampliación da ponte baixo o paseo Domingo Fontán, neste mesmo rego. Tamén a ampliación dunha obra de drenaxe transversal no rego de Verducido, a restauración fluvial das marxes do río Lérez ou intervencións no río Gafos, entre a rúa Rosalía de Castro e a avenida Xeneral Antero Rubín, co fin de minimizar os asolagamentos na contorna. Reunión de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, cos veciños de Fernando OlmedoMónica Patxot Mancomunidade Por outra banda, Augas de Galicia intensificou os contactos cos concellos implicados no sistema de abastecemento da ría de Pontevedra -Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Bueu, Vilaboa e Ponte Caldelas-, co fin de avanzar na constitución dunha mancomunidade de municipios que permita realizar unha xestión máis eficiente, sostible e equitativa do abastecemento de auga potable e afrontar con maiores garantías posibles situacións de seca na contorna. Representantes de Augas de Galicia e dos devanditos concellos mantiveron a comezos do mes de xullo un encontro no que o Executivo galego expuxo a súa iniciativa para dotar á comarca dunha estrutura de gobernanza conxunta, que regule e unifique as concesións actualmente vixentes para as captacións de auga no río Lérez e no encoro do Pontillón de Castro. Un modelo que permitiría evolucionar desde o actual sistema -centralizado no concello de Pontevedra- cara a unha xestión supramunicipal -baseada na codirección e coxestión por parte de todos os concellos-. A constitución da mancomunidade suporía un avance decisivo cara a un modelo de xestión moderno, eficaz e resiliente, que garantiría a subministración de auga potable mesmo en contextos de escaseza, con seguridade xurídica e criterios de solidariedade territorial. A Xunta considera que acadar unha entidade de gobernanza conxunta para realizar investimentos en almacenamento e garantías de regulación, ademais de avanzar nunha xestión única, é clave para o futuro da auga nos concellos da contorna da ría de Pontevedra. O director de Augas de Galicia, Roi Fernández, en comisión parlamentariaXunta de Galicia Os responsables de Augas de Galicia explicaron na xuntanza que a demanda conxunta da ría acada os 10,8 hectómetros cúbicos anuais, abastecidos fundamentalmente desde as captacións do Lérez e de Pontillón de Castro, dúas fontes imprescindibles para garantir o servizo, especialmente nos meses de estiaxe. Ao mesmo tempo, trasladaron a necesidade de avanzar en solucións de xestión eficientes. Unha alternativa consiste en recuperar, cun investimento de preto de 10 millóns de euros, a arteria litoral -canalización paralela á costa actualmente non operativa-. Evitaría ter que bombear o 100% do caudal destinado aos concellos de Marín e Bueu e permitiría aforros superiores aos 250.000 euros anuais, ademais de reforzar a eficiencia global do sistema. Segundo o estudo económico achegado polo organismo de conca, o custo de explotación anual do sistema mancomunado situaríase en arredor dos 2,5 millóns de euros; pero esta cifra podería reducirse co restablecemento da arteria litoral. Reunión de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, cos veciños de Fernando OlmedoMónica Patxot