O Grupo I de Terceira RFEF xa ten calendario. A Real Federación Galega de Fútbol celebrou este martes o sorteo da competición. Fíxoo nun acto celebrado no Pazo de Goiáns de Boiro. Desta forma tanto o Arosa SC como Céltiga e Juventud Cambados, que regresa á categoría tras anos de ausencia, xa saben o camiño que lles depara a nova tempada. No que respecta aos de Vilagarcía, abrirán a competición na casa o 7 de setembro recibindo o Silva, e pecharaa tamén como local o 10 de maio cun dos duelos de rivalidade comarcal fronte ao Céltiga. Os da Illa pola súa banda, ademais de concluír a liga regular na Lomba, arrincarán na primeira xornada cun duelo a domicilio contra o Atlético Coruña Montañeros. Pola súa banda o Juventud Cambados estrearase fóra da casa fronte ao Somozas e finalizará a competición visitando o Atlético Coruña Montañeiros. Consulta aquí o calendario completo da Terceira RFEF 25-26.